Como cada ano, fixemos unha celebración conxunta dos maios e das letras galegas .Este
ano houbo unha lectura , por parte do alumnado de sexto curso, explicativa da figura das
cantareiras ; ademais de explicar o porqué do maio. Despois de rematada a lectura, fixemos
unha serie de interpretacións por ciclo dunhas cancións do folclore tradicional galego:
Rianxeira, A saia da Carolina....; despois finalizamos coa interpretación da copla ao noso
maio, que foi composta no cole tentando explicar o que supuxo este ano escolar . Tamén
contamos coa participación dunha cantareira que veu cantar e contar contos á biblioteca.