2/23/2026

DÍA DE ROSALÍA

 

Para a conmemoración do día de Rosalía se fixo un rap, que todo o cole cantou e rapeou cun 

gran xeito. Estaba feito tomando a letra dunha poesía de Rosalía: "adeus ríos, adeus fontes...".

Previamente houbo unha lectura explicativa ao respecto do significado deste día.




2/19/2026

ENTROIDO

 O venres de entroido tivemos unha xornada especial: houbo merenda con doces típicos de 

entroido polas aulas; desfile dentro do colexio cos disfraces típicos  do entroido galego.

 E, por ültimo a queima do meco. O tempo amolounos un pouco, pero sainos ben, e o 

pasamos  mellor.




2/09/2026

ENTROIDO

 


O entroido é unha gran festa. sentímola como unha parte da nosa identidade. Este ano,

 ademais, o noso PDI se centra en  Galicia. Que mellor ocasión para centrarnos no entroido 

popular galego. Que ten unha morea de personaxes.O alumnado se segundo de primaria

 explicounos cousas que non sabiamos. E o fixeron moi ben.







2/05/2026

DÍA DA PAZ

                 

Para festexar  o día da paz, fixemos un mural que, baixo o epígrafe as mans da paz, está

 composto por todas as mans dos  nenos e nenas do colexio cunha frase ou palabra referida 

 á paz.