EN CANDEÁN CO GALEGO... A FUME DE CAROZO!
10/19/2026
ANUNCIOS RESIDUOS CERO
10/06/2026
AS CÉLULAS
Rapaces e rapazas de quinto, fixeron unhas maquetas das distintas células que están
traballando en ciencias e este foi o resultado: quedou xenial.
10/05/2026
OBRADOIRO DE PEIXES
O alumnado de quinto de educación primaria titorizou ao alumnado de infantil para facer un obradoiro
de plástica.Con ocasión do traballo que estamos facendo en torno ao noso PDI que versa sobre a auga,
rapaces e rapazas de quinto viñeron a facer uns peixes de cores a infantil e a ler unhas poesías que
fixeron cos peixes. Foi unha xornada moi divertida, na que o pasaron xenial.
9/28/2026
PEIXES DE CORES
O alumnado de quinto curso fixo uns peixes de cores, desntro do traballo que están facendo ao redor do
noso PDI, que este ano versa sobre o auga. Dentro da auga están os peixes, que están traballando e que
vencellaron a unhas poesías. O resultado quedou XENIALPronto haberá máis peixes. UN
TRABALLAZO.
6/17/2026
CONTACONTOS RAQUEL QUEIZÁS!
Grazas ás xestións do Equipo de Normalización Lingüística, tivemos a gran sorte de gozar en directo de Raquel Queizás e do seu espectáculo "Romaría: contos e lendas da nosa terra".
Ao longo da mañá, o alumnado puido mergullarse nas historias, contos e lendas que forman parte da nosa cultura e da nosa identidade, da man dunha narradora excepcional que conseguiu transportar a grandes e pequenos polos recunchos máis máxicos de Galicia.
Non se nos ocorre mellor maneira de poñer o punto final ao noso proxecto de centro sobre Galicia que coñecer de primeira man o noso patrimonio oral a través da voz e do talento de Raquel. Un auténtico luxo tela tan preto e poder aprender con ela.
Moitísimas grazas, Raquel, por compartir connosco a túa paixón pola nosa terra, pola nosa lingua e polas nosas tradicións. Foi un pracer contar contigo e agardamos volver verte moi pronto!
6/01/2026
MOVÉNDONOS CARA O CAMBIO
Como cada ano, participamos no encontro intercentros, para que o noso alumnado se coñeza
entre si. Este primeiro contacto facilita a transición ao instituto. Neste encontro, ademais de
estreitar lazos, se fan actividades na natureza, xogos populares..... tendo o galego como
obxecto facilitador.







.jpg)












