✨ Hoxe tivemos unha visita moi especial no centro! ✨
Grazas ás xestións do Equipo de Normalización Lingüística, tivemos a gran sorte de gozar en directo de Raquel Queizás e do seu espectáculo "Romaría: contos e lendas da nosa terra".
Ao longo da mañá, o alumnado puido mergullarse nas historias, contos e lendas que forman parte da nosa cultura e da nosa identidade, da man dunha narradora excepcional que conseguiu transportar a grandes e pequenos polos recunchos máis máxicos de Galicia.
Non se nos ocorre mellor maneira de poñer o punto final ao noso proxecto de centro sobre Galicia que coñecer de primeira man o noso patrimonio oral a través da voz e do talento de Raquel. Un auténtico luxo tela tan preto e poder aprender con ela.
Moitísimas grazas, Raquel, por compartir connosco a túa paixón pola nosa terra, pola nosa lingua e polas nosas tradicións. Foi un pracer contar contigo e agardamos volver verte moi pronto!