Como xa ben sendo habitual, desde hai uns anos, xuntamos dúas celebracións moi
populares:o samaín e o magosto. Para a celebración destas conmemoracións collemos o
máis significativo de cada unha delas, por unha parte houbo unha exposición de cabazas
terroríficas que se acompañou cun túnel do medo, disfraces terroríficos e incluso un
obradoiro de cociña terrorífica; por outra banda houbo un magosto popular con asado de
castañas echourizos cós que facer un choripán e unha sesión recuperación de
xogos populares vencellados ao magosto: o pano, a rá, os bolos celtas... sen dúbida
foi unha celebración na que todas e todos desfrutamos.





