Como cada ano celebramos o entroido, que é unha das festas máis divertidas. Este ano, o
meco fixo unhas mandas moi divertidas: desde vir en saia ,ata traer o pixama. Houbo un gran
desfile de entroido, no que cada curso luciu o seu disfraz, que tiña que ver coa temática do
PDI, que neste segundo trimestre trata a banda deseñanada. Houbo, tamén, unha gran
merenda conxunta con doces propios do entroido: orellas, filloas , flores... aportadas
polas familias, no que veu sendo unha celebración popular moi vistosa.