6/04/2025

OS XOGOS DOS NOSOS AVÓS

Como parte de traballo de recopilación de saberes populares da nosa contorna, o alumnado de 

sexto curso investigou sobre os xogos dos nosos avós. Coa información obtida  se cubriron

 unhas fichas para facer un libro, que permite ter de forma ordeada unha serie de xogos

 populares que se transmiten de  avós a netos.







MOVÉNDONOS CARA O CAMBIO

 

Como xa é habitual, o noso cole participou nos encontros anuais entre os centros da contorna

 que teñen adscrito o IES Carlos Casares. Foi un encontro  enmarcado nun contexto lúdico que 

ten por obxecto  que rapaces e rapazas  se coñezan.Foi unha xornada de convivencia na que 

houbo distintos obradoiros polo cole, un paseo pola contorna corcundante e unha comida no

 monte.