4/15/2026

TEATRO EN GALEGO


  Hoxe a rapazada do noso cole foi ao concello a ver unha obra de teatro, que levaba por título:

 Ecoralia, unha lambona ecolóxica. Pasámolo xenial, e quedáronnos gañas de repetir.








4/14/2026

DÍGOCHO EU

 


A  aula  de sexto de infantil estivo a traballao o nome das froitas en galego.Dese traballo,

 fixemos un dígocho eu. E este foi o  resultado.




4/09/2026

TIMBRES MUSICAIS

Seguindo coa nosa rutina dos timbre musicais, estamos traballando persoeiros que fan musica

 popular en galego. De tal xeito , collemos a un personaxe e traballamos parte  da súa obra,

 escollendo tres cancións diferentes  que soarán en distintos momentos da mañá.





3/11/2026

8 -M




Como conmemoración do día da muller traballadora , pedimos que nenas e nenos aportasen

 unha pequena historia con foto incluida  dunha muller traballadora do seu contexto familiar,

 para falar sobre elas e  destacar a súa importancia.




2/23/2026

DÍA DE ROSALÍA

 

Para a conmemoración do día de Rosalía se fixo un rap, que todo o cole cantou e rapeou cun 

gran xeito. Estaba feito tomando a letra dunha poesía de Rosalía: "adeus ríos, adeus fontes...".

Previamente houbo unha lectura explicativa ao respecto do significado deste día.




2/19/2026

ENTROIDO

 O venres de entroido tivemos unha xornada especial: houbo merenda con doces típicos de 

entroido polas aulas; desfile dentro do colexio cos disfraces típicos  do entroido galego.

 E, por ültimo a queima do meco. O tempo amolounos un pouco, pero sainos ben, e o 

pasamos  mellor.