12/30/2025
12/17/2025
ROTULANDO O COLE
Rotulando o cole:
O alumnado de sexto curso facendo uso das ferramentas TICS, cortaron uns vinilos que logo
pegaron ás ventás do colexio con frases motivantes e cun fin integrador, motivador e de
resolución de conflictos, vencellado co traballo de valores que están facendo.Quedou moi
chulo, pero o traballo está a ser maiúsculo porque o cole ten moitas fiestras.
12/11/2025
BICOS DE NOZ
BICOS DE NOZ
Con ocasión da chegada do nadal, fixemos un dos nosos obradoiros de cociña, para xuntarnos
4º e 6º de educación infantil, e facer uns doces de nadal coñecidos como bicos de noz. Foi
unha experiencia internivel moi divertida e deliciosa. Seguro que repetimos.
12/04/2025
25N
Estivemos traballando no cole o día contra a violencia machista. no contexto de cada aula se
traballaron dinámicas que axuden a soterrar actitudes machistas e de violencia. logo como
posta en común , fixemos unhas fotos para conmemorar ese día e visibilizarnos tadas e todos
contra o maltrato.





