5/19/2025

MAIOS E LETRAS GALEGAS

 

Como cada ano, fixemos unha celebración conxunta dos maios e das letras galegas .Este

ano houbo unha lectura , por parte do alumnado de sexto curso, explicativa da figura das

 cantareiras ; ademais de explicar o porqué do maio. Despois de rematada a lectura, fixemos

 unha serie de interpretacións por ciclo dunhas cancións do folclore tradicional galego:

 Rianxeira,  A saia da Carolina....; despois finalizamos coa interpretación da copla ao noso

 maio, que foi  composta no cole tentando explicar o que supuxo este ano escolar . Tamén

 contamos coa participación dunha cantareira que veu cantar  e contar contos á biblioteca.