Ciclo do entroido
O ciclo do entroido é o período de tempo relacionado coa
festividade do entroido Non ten datas fixas, ó depender da Pascua e a Coresma.
O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de
marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro. É o que
se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes
vilas de Galiza distintas extensións. Polo xeral tomouse como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco
semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda, Laza ou Verín ou Vilariño de Conso
Estas son, por orde, as súas principais datas en Galicia
·
o domingo
fareleiro.
·
o domingo
oleiro.
·
o xoves de
compadres (para os homes)
·
o domingo
corredoiro
·
o xoves de
comadres (para as mulleres).
·
o domingo,
o luns e mais o martes de entroido son os
tres días grandes desta festividade. Neles fanse as grandes esmorgas, os
desfiles de máscaras polas rúas ou polas corredoiras e os bailes de
disfraces.
·
o mércores
de cinza é cando se celebra o enterro da sardiña. Noutras
localidades prodúcese a queima do MECO e con el remata o
entroido.
Triángulo do entroido
Chámase triángulo do entroido ó que
forman as localidades de Laza, Verín e Xinzo de Limia, na provincia de Ourense
e estes últimos teñen o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.
As principais diferencias son:
·
As
pantallas de Xinzo de Limia, levan un cinto de campanillas que rodean a cintura
e golpean á xente con vexigas de vaca secas e infladas.
·
Os
cigarróns de Verín levan unha máscara de madeira, no traxe colgados uns
pequenos cencerros (chocas) e na man unha fusta chamada zamarra.
·
Os
peliqueiros de Laza son moi similares aos cigarróns e tamén levan chocas e
fusta.
Ademais destes tres destacan: os
felos de Maceda, as tamborradas de Viana, os boteiros de Vilariño de Conso, as
charrúas de Allariz e outros moitos.
O Meco
O
Meco é una figura que se fai nas festas do entroido e que ten motivos satíricos
relacionados coa actualidade da vila ou cidade. O mércores de cinza quéimase e
dase por finalizado o entroido. Para elo realízase unha procesión na que todos
os asistentes van ó acto de luto riguroso en sinal de dor e que terminará coa
queima do meco.