11/02/2021

SAMAÍN NA ESCOLA

Este curso aprendimos un pouco máis do Samaín e divertímonos moito na escola. Nas aulas, o alumnado participou de actividades que os adentraron á historia desta festa. Coñecendo a súa orixe, comprendemos os motivos polos que celebramos este día.

Foi por medio de libros, xogos e presentacións dixitais que se compartiron polo Portal da Lingua Galega. Onde se expoñen recursos que ofrecen outras escolas.

Pinchando nas imaxes poderás entrar a velas.





Decoramos o colexio con motivos terroríficos e alumnado e familia participaron moito para pasalo de medo. Como traballamos en conxunto, dende o departamento de inglés tamén se pediron cabazas decoradas e fixemos una gran exposición. Podedes ver as imaxes destes días aquí:

Moitas grazas a todas as familias que participastes!