5/31/2021

COPLA AO MAIO

 Tralas actuacións, todo o cole rodeamos ao noso Maio e cantámoslle a seguinte copla:


De novo ao noso maio

queremos cantar

esta tradición

non pode faltar.


Coa axuda de Aurora 

fixemos moitas cousas

estivemos fóra

e tamén na horta.


Fixemos roteiros

por todo Candeán

e á nosa contorna

queremos coidar.

 

Camiñando xuntos

ímos a Santiago

e o Xacobeo

estamos festexando.

 

Algunha actividade

fixemos online

pero moitas outras

de forma presencial.

Queremos xogar xuntos

no noso colexio

que o virus pase xa

E NON VOLVA NUNCA MÁIS!