5/24/2018

Aquí tendes aos artistas do noso cole!! Agradecementos a Pablo Vázquez pola montaxe!








5/21/2018

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2018


O pasado 16 de maio festexamos no colexio os Maios e o día das Letras Galegas, adicadas este ano a Mª Victoria Moreno.
O alumnado de 6º de primaria comentounos a vida da homenaxeada.
O de Educación Infantil fixeron a "Danza dos Maios".
1º e 2º de Primaria bailaron  a "Muiñeira de Pesdelán".
3º e 4º, disfrutaron coa "Danza das Fitas".
5º danzou "Vaite de roda en roda", con paus. 
Todo o cole enteiro cantámoslle ao Maio unha composición propia:




                                                                                                    O MAIO ESPACIAL

XA CHEGOU O MAIO
COAS SÚAS COUSAS
E PARA CONTALAS
CANTAMOS ESTA COPLA.

NADA MÁIS CHEGARMOS
FOMOS EMBARCAR
XUNTOS TODO O COLE
EN XIAXE ESPACIAL.
(XUNTOS TODO O COLE EN VIAXE ESPACIAL)

DESDE O CUNQUEIRO
CHAMOU CANDEANINA
ESTÁBANNA CURANDO
QUE ESTABA MOI MALIÑA.

PRONTO VEU O OUTONO
PARA NOS ENFRIAR
CON CABAZAS DIVERTIDAS
E CASTAÑAS PRA RILLAR
(CON CABAZAS DIVERTIDAS E CASTAÑAS PARA RILLAR)

CAMIÑANDO XUNTOS
TODOS POLA PAZ
IGUALIÑOS TODOS
NON HAI NADA QUE CHISTAR

CAEUNOS UN ÁRBOL
E SEN AVISAR
FOI A GRAVIDADE
QUE SE PUXO A EMPURRAR.
(FOI A GRAVIDADE QUE SE PUXO A EMPURRAR)

PLANTAMOS UNS BULBOS
TODOS SOLIDARIOS
REGADOS CON BICOS
FOI  NOSO AGASALLO

DESTA OUTRA VOLTA
 VEUNOS A CONTAR
ANXO MOURE UN CONTO
QUE  NOS FIXO DISFRUTAR
(ANXO MOURE UN CONTO QUE NOS FIXO DISFRUTAR)

ESTES CONTOS TODOS
HOUBO QUE IR BUSCAR
A PLATURNO EN NAVE
SEN PODER REPOSTAR.

CANDO  DE REGRESO
E XA BEN CARGADOS
ANTES DA MADROA
AQUÍ NOS ESTRELAMOS
(ANTES DA MADROA AQUÍ NOS ESTRELAMOS)

XA NOS DESPEDIMOS
PARA NON CANSARVOS
BOTADE UNS RISOS
E MÁIS UNS APRAUSOS.

















MAIOS 2018

Un ano máis, agradecervos ás familias a aportación do material, flores, fiúnchos e axuda precisos para a montaxe do Maio. Quedou precioso!!!