3/08/2019

QUEIMA DO MECO




ACUSACIÓN AO MECO 
(ALUMNADO 6º E. PRIMARIA)


Bos días a todas e todos, aquí estamos para xulgar a este mozo.



-         Acúsote Meco polos mares contaminados, os peixes mortos e os mariñeiros desempregados.

-         Acúsote Meco de crear os videoxogos, que fan que os nenos vólvanse tolos.

-         Acúsote Meco por  tanta cacería permitir, fan que os animais non poidan vivir.

-         Acúsote Meco da xente sen fogar, non ten comida nin cartos para mercar.

-         Acúsote Meco da Terra destruír cos incendios que produces sen fin.

-         Acúsote Meco pola xente tirada no hospital e as poucas menciñas que hai.

-         Acúsote Meco polo material do colexio roubar e os xoguetes dos pequenos quitar.

-         Acúsote Meco de tanto ter quen estudar e pouco tempo para xogar.

-         Meco, ímoste queimar porque co bulling aos nenos nos seus soños os fas chorar.

-         Acúsote Meco de destruir o recuncho dos soños. Colgabámonos del e ríamos moito.

-         Acúsote Meco  polos balóns facer “voar” e sen recreo nos deixar.

-         Acúsote Meco do colexio estar obsoleto. Non temos fondos…probaremos cun boleto!

-         Acúsote Meco da Paz quitar e aos nenos horfos deixar.



E agora, sen máis, a sentenza imos dar!

Este Meco, que tan mal nos fai…

No lume imos queimar!

Ala!, xa está!!

Jose, dalle ao chisqueiro que a  festa ten que continuar!!