2/17/2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este ano, para festexar o día,  traballamos a figura de Wangari Maathai, activista medioambiental, entre moitas outras cualidades , que recibiu o Nobel da Paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores.

A través do conto "Wangari y los árboles de la paz", o alumnado de cada curso tivo a oportunidade de ler esta estupenda historia e facer unha pequena actuación ante o resto do colexio en galego: presentaron, leron frases, comentaron a biografía, o resumo do conto...
Posteriormente, para pechar este día, os pequeniños agasalláronnos cunha danza mahorí e logo todos e todas bailamos "A danza da paz", de Mamá Cabra.
Asimesmo, cada un de nós lemos a nosa pequena aportación para construir un mundo mellor, quena semana seguinte colgamos das árbores que temos na entrada do colexio.





















PUÑO PUÑETE

O alumnado de Infantil acudiu ao teatro a ver un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral: "Puño, puñete"


2/05/2020

CAIXA DAS PALABRAS BONITAS

Nesta caixa, o alumnado de todo colexio meteu unha palabra fermosa onde explicaba o seu significado. Con estas verbas, adornamos os corredoiros do colexio.