4/06/2022

ENTROIDO NA ESCOLA

Este curso o noso meco, estivo adicado á contaminación do planeta. Cada vez somos máis, o consumo excesivo fai que a Terra sufra as consecuencias. 

O meco ven a recordarnos que necesitamos un planeta máis limpo para poder vivir mellor nel.





Como é moi mandón, fixo que cada día levásemos á escola algo distinto. Se pinchas na primeira imaxe poderás ver todas as fotos.












Chegado o día da celebración do entroido, trasladamos o meco ao patio e alí acusámolo de todo o mal que fai ao planeta. Cada clase adicoulle unha acusación. O alumnado de 5º e 6º acusárono moito máis.

Despois de escoitar as acusacións de cada grupo, todo o colexio berramos o retrouxo, que estivo exposto na entrada da escola ao lado do meco toda a semana.

Se pinchas na primeira imaxe poderás ver todas as fotos e vídeos da festa.