Actividade de convivenvia co alumnado de 6º dos colexios adscritos ao IES Carlos Casares. Coa finalidade de irnos coñecendo antes do cambio de etapa.
Esta primeira xornada piloto, levounos ata o CEIP Chans Bembrive, que fixeron de anfitrións.
Ao chegar, o primeiro que fixemos foi dividirnos en catro grupos, cos nomes das provincias galegas. Fixeron uns xogos de presentación e logo saíron a merendar e xogar no parque ao lado da escola.
Despois deste tempo de lecer, comezamos a camiñar hacia o roteiro do río Eifonso, unha ruta bonitísima con fervenza e muíños incluídos.
Xantamos no torreiro de Bembrive e xogamos ata que chegou a hora de voltar á escola.