12/19/2024

PANXOLIÑAS DE NADAL

Tivemos a sorte de contar cunha familia de músicos que viñeron  tocar unhas panxoliñas de nadal. Moitas grazas á familia de Olivia e Alonso. Sen dúbida repetiremos.



APEDRIÑAMENTOS EN GALEGO



 A clase de sexto de primaria  veu contar uns contos a educación infantil. Foi unha
 experiencia a repetir; tanto pequenos como maiores quedaron encantados.








 





12/04/2024

OBRADOIROS CON FAMILIAS

  

Nesta ocasión, tivemos a oportunidade de contar con dúas familias para facer un obradoiro  no que fixemos unha árbore de nadal estampada con pintura e unhas botellas da calma. Sempre nos gusta que veñan visitarnos.

 

 

 



 

CIENCIA EN GALEGO

       

 Con ocasión do mes da ciencia, tivemos oportunidade de xuntarnos  na biblioteca para amosarlle a todo o cole os experimentos  nos que estivemos traballando cada clase.