1/22/2025

AS NOSAS FERRAMENTAS

 

    Coa participación de todos os nenos e nenas do cole e as súas familias elaboramos un libro

 coas ferramentas do campo propias de Galicia. Aportaron fotografías cunha chea de aparellos 

para traballar o campo dos que non tiñamos  idea. O libro quedou á disposición de todos na

 nosa biblioteca como fonte de consulta.





                                                

                                              


                                                






1/09/2025

NADAL

  No nadal, fixemos unha festa na que por unha parte cada grupo preparou

 unha actuación musical: uns grupos fixeron pezas instrumentais, outros bailes e outros

 panxoliñas; houbo a visita dos Reis Magos; por outra banda houbo a típica chocolatada de

 nadal.