2/23/2025

DÍA DE ROSALÍA

 

Para conmemorar o día de Rosalía, cada curso pasou pola radio para facer unha lectura en

 directo pola megafonía do cole dun dos seus poemas. Foi sen dúbida toda unha experiencia 

de radio en directo que nos achega á figura e obra de Rosalía.