3/24/2025

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o día da poesía, fomos á radio a ler distintas poesías: unhas foron

 inventadas, outras de diversos autores. Foi toda unha experiencia de radio en directo.





                                                                                                                                                                  

3/20/2025

CONTACONTOS

 

 Un contacontos moi animado. Facendo uso do espazo da biblioteca viñeron uns 

 contacontos, que contaron divertidas historias nas que participaron activamente nenas e 

 

nenos, e houbo ata 
música.






  


 


3/11/2025

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

 

 Dentro do noso PDI, que leva como título: contar e cantar, contareiras, estamos a traballar a

 banda deseñada; para o cal fixemos un concurso  no que cada quen participou coa súa 

producción. Ao final, quedou unha cousa lucida con historias moi divertidas.









OS LUGARES DE CANDEÁN

 


          En colaboración coas familias do  centro fixemos un libro cos topónimos da  

         nosa parroquía : Candeán. No libro aparecen  lugares característicos da zona, con

         fotos, nformación sobre a localización do lugar. Sen dúbida, aporta información curiosa 

        sobre a contorna.



 







3/06/2025

ENTROIDO

 Como cada ano celebramos o entroido, que é unha das festas máis divertidas. Este ano, o 

meco  fixo unhas mandas moi divertidas: desde vir en saia ,ata traer o pixama. Houbo un gran 

desfile de entroido, no que cada curso luciu o seu disfraz, que tiña que ver coa temática do 

PDI, que neste segundo trimestre trata a banda deseñanada. Houbo, tamén, unha gran 

merenda  conxunta con doces propios do entroido: orellas, filloas , flores... aportadas 

polas familias, no que veu sendo unha celebración popular moi vistosa.