5/19/2025

MAIOS E LETRAS GALEGAS

 

Como cada ano, fixemos unha celebración conxunta dos maios e das letras galegas .Este

ano houbo unha lectura , por parte do alumnado de sexto curso, explicativa da figura das

 cantareiras ; ademais de explicar o porqué do maio. Despois de rematada a lectura, fixemos

 unha serie de interpretacións por ciclo dunhas cancións do folclore tradicional galego:

 Rianxeira,  A saia da Carolina....; despois finalizamos coa interpretación da copla ao noso

 maio, que foi  composta no cole tentando explicar o que supuxo este ano escolar . Tamén

 contamos coa participación dunha cantareira que veu cantar  e contar contos á biblioteca.













5/14/2025

REVISTA O TEITO

 Como cada ano por estas datas publicamos a nosa revista escolar: O TEITO; na que se

 mostran algún dos traballos feitos este ano nas aulas. Moitos destes traballos teñen que ver

 coas TICS, a radio escolar, a convivencia, a inclusión e moitas outras experiencias vividas

 nas  distintas aulas. Foi un traballo coral no que se implicaron todos os equipos do cole  

mostrando as moitas vivenzas que tivemos este ano.


https://drive.google.com/file/d/13q5Nnp_JKI6_fVAoGYOrvNCIHNlMp2Eq/view?usp=sharing





5/06/2025

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

 Co gallo do día do libro,  estivemos facendo distintas actividades na biblioteca  do 

cole durante a semana. Unha das cais foi  a visita dun exmestre do colexio a interpretar uns 

contos e musicalos;.Como parte desa mesma celabración fomos á biblioteca Neira VIlas. Foi  

unha semana chea de cousas