6/17/2026

CONTACONTOS RAQUEL QUEIZÁS!

 


✨ Hoxe tivemos unha visita moi especial no centro! ✨

Grazas ás xestións do Equipo de Normalización Lingüística, tivemos a gran sorte de gozar en directo de Raquel Queizás e do seu espectáculo "Romaría: contos e lendas da nosa terra".

Ao longo da mañá, o alumnado puido mergullarse nas historias, contos e lendas que forman parte da nosa cultura e da nosa identidade, da man dunha narradora excepcional que conseguiu transportar a grandes e pequenos polos recunchos máis máxicos de Galicia.

Non se nos ocorre mellor maneira de poñer o punto final ao noso proxecto de centro sobre Galicia que coñecer de primeira man o noso patrimonio oral a través da voz e do talento de Raquel. Un auténtico luxo tela tan preto e poder aprender con ela.

Moitísimas grazas, Raquel, por compartir connosco a túa paixón pola nosa terra, pola nosa lingua e polas nosas tradicións. Foi un pracer contar contigo e agardamos volver verte moi pronto!

6/01/2026

MOVÉNDONOS CARA O CAMBIO

Como cada ano, participamos no encontro intercentros, para que o noso alumnado se coñeza

 entre si. Este primeiro contacto facilita  a transición ao instituto. Neste encontro, ademais de 

estreitar lazos, se fan actividades na natureza, xogos populares.....  tendo o galego como

 obxecto facilitador.






 
 

5/19/2026

LETRAS GALEGAS


Para festexar o día das nosas letras, ademais de actos conmemorativos que glosan a figura

 de Begoña Caamaño, fixemos unha celebración en torno ao Maio, elaborado por todo o

 alumnado, que consistiu , por unhabanda,na interpretación por ciclos de distintas cancións

 populares de Galicia. como son: A rianxeira, a saía da Carolina.... houbo  unha amenización

 popular por parte duns músicos ,con música  popular galega; cantamos a copla do maio en

torno a el.


















4/15/2026

TEATRO EN GALEGO


  Hoxe a rapazada do noso cole foi ao concello a ver unha obra de teatro, que levaba por título:

 Ecoralia, unha lambona ecolóxica. Pasámolo xenial, e quedáronnos gañas de repetir.








4/14/2026

DÍGOCHO EU

 


A  aula  de sexto de infantil estivo a traballao o nome das froitas en galego.Dese traballo,

 fixemos un dígocho eu. E este foi o  resultado.




4/09/2026

TIMBRES MUSICAIS

Seguindo coa nosa rutina dos timbre musicais, estamos traballando persoeiros que fan musica

 popular en galego. De tal xeito , collemos a un personaxe e traballamos parte  da súa obra,

 escollendo tres cancións diferentes  que soarán en distintos momentos da mañá.





3/11/2026

8 -M




Como conmemoración do día da muller traballadora , pedimos que nenas e nenos aportasen

 unha pequena historia con foto incluida  dunha muller traballadora do seu contexto familiar,

 para falar sobre elas e  destacar a súa importancia.




2/23/2026

DÍA DE ROSALÍA

 

Para a conmemoración do día de Rosalía se fixo un rap, que todo o cole cantou e rapeou cun 

gran xeito. Estaba feito tomando a letra dunha poesía de Rosalía: "adeus ríos, adeus fontes...".

Previamente houbo unha lectura explicativa ao respecto do significado deste día.




2/19/2026

ENTROIDO

 O venres de entroido tivemos unha xornada especial: houbo merenda con doces típicos de 

entroido polas aulas; desfile dentro do colexio cos disfraces típicos  do entroido galego.

 E, por ültimo a queima do meco. O tempo amolounos un pouco, pero sainos ben, e o 

pasamos  mellor.




2/09/2026

ENTROIDO

 


O entroido é unha gran festa. sentímola como unha parte da nosa identidade. Este ano,

 ademais, o noso PDI se centra en  Galicia. Que mellor ocasión para centrarnos no entroido 

popular galego. Que ten unha morea de personaxes.O alumnado se segundo de primaria

 explicounos cousas que non sabiamos. E o fixeron moi ben.







ORDES DO MECO