ACUSACIÓN AO MECO
(ALUMNADO 6º E. PRIMARIA)
(ALUMNADO 6º E. PRIMARIA)
Bos días a todas e todos, aquí estamos para xulgar a este mozo.
-
Acúsote
Meco polos mares contaminados, os peixes mortos e os mariñeiros desempregados.
-
Acúsote
Meco de crear os videoxogos, que fan que os nenos vólvanse tolos.
-
Acúsote
Meco por tanta cacería permitir, fan que
os animais non poidan vivir.
-
Acúsote
Meco da xente sen fogar, non ten comida nin cartos para mercar.
-
Acúsote
Meco da Terra destruír cos incendios que produces sen fin.
-
Acúsote
Meco pola xente tirada no hospital e as poucas menciñas que hai.
-
Acúsote
Meco polo material do colexio roubar e os xoguetes dos pequenos quitar.
-
Acúsote
Meco de tanto ter quen estudar e pouco tempo para xogar.
-
Meco,
ímoste queimar porque co bulling aos nenos nos seus soños os fas chorar.
-
Acúsote
Meco de destruir o recuncho dos soños. Colgabámonos del e ríamos moito.
-
Acúsote
Meco polos balóns facer “voar” e sen
recreo nos deixar.
-
Acúsote
Meco do colexio estar obsoleto. Non temos fondos…probaremos cun boleto!
-
Acúsote
Meco da Paz quitar e aos nenos horfos deixar.
E agora, sen máis, a sentenza imos dar!
Este Meco, que tan mal nos fai…
No lume imos queimar!
Ala!, xa está!!
Jose, dalle ao chisqueiro que a
festa ten que continuar!!