Dentro do noso PDI, que trata sobre as cantareiras e contareiros, nenas e nenos de 4º de primaria
prepararon unha obra de teatro , co título: Os contos do lobicán. Foi todo un espectáculo ver o ben que o
fixeron.
Dentro do noso PDI, que trata sobre as cantareiras e contareiros, nenas e nenos de 4º de primaria
prepararon unha obra de teatro , co título: Os contos do lobicán. Foi todo un espectáculo ver o ben que o
fixeron.
Hoxe tivemos a celebración dun obradoiro de igualdade. Resultou interesante e divertido.
Axudounos , mediante dinámicas divertidas, a coñecer que todos e todas temos as mesmas
oportunidades e facer as mesmas cousas.
outra vez máis contamos coa presencia dunha familia , que nesta ocasión veu a facer un
obradoiro de cociña. Desta volta, fixemos unhas riquisimas cookies de chocolate branca con
noces. Foi todo un éxito que esperamos repetir. Moitas grazas ás familias
.
A celebración que fixemos da paz consistiu en explicar, por curso, que é a paz para cada un de nós.
cada aula leu despois un poema da paz, que en moitos casos foi inventado; fixemos un baile cunha
canción que estivemos traballando que trata sobre a paz. por último tamen se fixo un programa de
radio sobre a paz, que fixeron nenas e nenos de sexto curso. Pasámolo xenial.
https://radiocandeanina.blogspot.com/2025/01/programa-de-radio-sobre-o-dia-da-paz-e.html