Como xa é habitual, o noso cole participou nos encontros anuais entre os centros da contorna
que teñen adscrito o IES Carlos Casares. Foi un encontro enmarcado nun contexto lúdico que
ten por obxecto que rapaces e rapazas se coñezan.Foi unha xornada de convivencia na que
houbo distintos obradoiros polo cole, un paseo pola contorna corcundante e unha comida no
monte.