Como parte de traballo de recopilación de saberes populares da nosa contorna, o alumnado de
sexto curso investigou sobre os xogos dos nosos avós. Coa información obtida se cubriron
unhas fichas para facer un libro, que permite ter de forma ordeada unha serie de xogos
populares que se transmiten de avós a netos.